Aviso Legal
| Aviso Legal |
|
|
|
O acceso ou a utilización de certos servizos e contidos ofrecidos aos Usuarios na Web ou a través dela, encóntrase sometida a certas condicións particulares propias que, segundo os casos, substitúen, completan ou modifican as Condicións Xerais. Con anterioridade ao acceso ou á utilización dos devanditos servizos e contidos, polo tanto, o Usuario ha de ler atentamente tamén as correspondentes Condicións Particulares. O acceso ou a utilización dos devanditos servicios e contidos expresa a enteira e incondicional aceptación das Condicións Particulares na versión publicada por Galicia Gráfica no momento no que se produza o devandito acceso ou utilización. 2.- A través da Web, Galicia Gráfica facilítalles aos Usuarios o acceso e a utilización de diversos servizos e contidos postos a disposición dos Usuarios por Galicia Gráfica ou por terceiros usuarios da Web ou terceiros provedores de servizos e contidos. Galicia Gráfica resérvase o dereito a modificar unilateralmente, en calquera momento e sen aviso previo, a presentación e configuración da Web, así como tamén se reserva o dereito a modificar ou eliminar, en calquera momento e sen previo aviso, os servizos e contidos e as condicións requiridas para acceder ou utilizar a Web e os servizos e contidos. Galicia Gráfica non garante a dispoñibilidade e continuidade do funcionamento da Web e dos servizos e contidos. Galicia Gráfica exclúe calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de toda natureza que se poidan deber á falta de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento da Web, dos seus servizos ou contidos. 3.- Todo os contidos da Web están protexidos polas leis e tratados de Propiedade Intelectual e Industrial. 4.- A presente Web pode conter conexións con outras webs operadas por terceiros alleos a Galicia Gráfica. Estas conexións son facilitadas exclusivamente para a comodidade do Usuario. Galicia Gráfica non controla estas webs nin se fai responsable dos seus contidos. A inclusión das devanditas conexións con outras webs de terceiros non implica a aprobación do contido destas por parte de Galicia Gráfica nin a existencia de ningún tipo de asociación entre Galicia Gráfica e as persoas que os operan. 5.- O Usuario comprométese a utilizar a Web e os servizos e contidos de maneira conforme coa lei e co disposto nestas Condicións Xerais e obrígase a absterse de utilizar a Web e os servizos e contidos con fins ou efectos ilícitos, contrarios ao establecido nas presentes Condicións Xerais, lesivos dos dereitos e intereses de terceiros ou que de calquera outra forma poidan danar, inutilizar, sobrecargar ou deteriorar a Web e os seus servizos e contidos ou impedir a normal utilización ou goce desta e dos seus servizos e contidos por parte dos usuarios. Galicia Gráfica non ten obrigación de controlar e non controla os contidos transmitidos, difundidos ou postos a disposición de terceiros polos Usuarios a través dos foros. Malia isto, Galicia Gráfica resérvase o dereito a revisar en calquera momento e sen previo aviso, por iniciativa propia ou a petición de terceiros, os contidos transmitidos, difundidos ou postos a disposición de terceiros polos Usuarios a través dos foros e a impedi-la súa transmisión, difusión ou posta a disposición de terceiros no caso de que, ó seu xuízo, resulten contrarios ó disposto nestas Condicións Xerais. 7.- O Usuario é consciente e acepta voluntariamente que o uso da Web, dos seus servicios e contidos, dos foros ou de calquera dos seus contidos, ten lugar en todo caso baixo a súa única e exclusiva responsabilidade. 8.- Galicia Gráfica non controla con carácter previo e non garante a ausencia de virus nos contidos nin a ausencia doutros elementos nos contidos que poidan producir alteracións no sistema informático do Usuario (software ou hardware) ou nos documentos electrónicos e ficheiros almacenados no sistema informático do Usuario. Galicia Gráfica exclúe calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de toda natureza que se poidan deber á presencia de virus ou á presencia doutros elementos lesivos nos contidos. 9.- A información, o software e/ou os productos ou servicios e contidos incluídos nesta Web poden conter inexactitudes ou erros tipográficos. Periodicamente, engádense cambios á información contida nesta Web. Nin Galicia Gráfica nin os seus subministradores se fan responsables por danos directos, indirectos, punitivos, fortuítos, especiais, derivativos ou de calquera outro tipo, incluíndo a título meramente indicativo e non exhaustivo, danos por perda de uso, de datos ou de ganancias que se deriven ou estean relacionados coa utilización deste sitio Web, coa imposibilidade ou a demora para poder utilizar esta Web, coa prestación de servicios e contidos ou a imposibilidade para isto ou con calquera información, software, productos ou gráficos relacionados obtidos a través desta Web. 10.- Galicia Gráfica resérvase o dereito a denegar discrecionalmente en calquera momento e sen necesidade de aviso previo o acceso de calquera Usuario a esta Web ou a algunha parte da mesma.
|

