Inicio arrow Formación
Centros Formativos Imprimir

Ferrol

IES Leixa
Dir. San Pedro de Leixa s/n 15405 Ferrol
http://www.iesleixa.es/
Tlf. 981328500
Fax: 981328900


CS Deseño e produción editorial
CM Preimpresión en artes gráficas
CM Impresión en artes gráficas


Neste centro aprenderás todo o proceso de Preimpresión e Impresión traballando coa maquinaria e programas informáticos necesarios. Un mundo con moita saída laboral no que poderás traballar deseñando e preparando orixinais, ou obtendo impresos de alta calidade.
No ciclo superior de Deseño e produción editorial aprenderás a desenvolver o deseño gráfico, determinar as características de produtos impresos a partir de ideas ou proxectos editoriais e organizar, planificar e supervisar a produción editorial seleccionando os recursos axeitados e controlando a calidade, prazo e custo, tanto na preparación dos orixinais como na fabricación dos impresos.


Santiago

CIFP Compostela
Dir. Lamas de Abade s/n 15892
http://centros.edu.xunta.es/cifpcompostela
Tlf. 981523239
Fax: 981523290


CM Preimpresión en artes gráficas
CM Impresión en artes gráficas


No ciclo medio de Impresión aprenderás a levar a cabo as operacións necesarias para a obtención de impresos e formas impresoras. e supervisar a produción, as máquinas e equipos de traballo para manter unhas condicións de seguridade e obter resultados de calidade cumprindo os prazos establecidos.
No ciclo medio de Preimpresión aprenderás a utilizar as ferramentas convintes para o tratamento, ensamblaxe, filmación de textos e imaxes e a obtención das formas impresoras. Tamén a controlar e manter os equipos necesarios para obter os soportes de traballo en condicións de calidade e nos prazos establecidos.


Pontevedra

IES Fogar Provincial Príncipe Felipe
Dir. Montecelo s/n 36161 Pontevedra
Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla
Tlf. 986850261
Fax 986 863 251


CS Produción en industrias de artes gráficas
CM Preimpresión en artes gráficas
CM Impresión en artes gráficas

Os ciclos medios Preimpresión e Impresión facilitan a formacion para realiza-las operacións necesarias para imprimir libros, xornais, folletos, pegatinas,etc... coñecendo o funcionamento das maquinas para producir impresos de calidade.
No ciclo superior de Producción en industrias de artes gráficas aprenderás a definir, organizar, programar, supervisar e controlar a produción de industrias gráficas, co fin de conseguir a produción coa calidade, produtividade e custos establecidos, organizar e supervisar todo o proceso produtivo e as partes do mesmo e cooperar en traballos como o mantemento o control de calidade ou almacéns.

 
Politica de PrivacidadeAviso LegalCómo contactarempresasEnlacesJommla